Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro día 10   de NOVEMBRO, sábado, de 2012 ás 16:30 horas, e ás 17:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente,  na Casa do Concello Vello de Castroverde,  Travesía de Montecubeiro, nº 38 


CP-27120-Castroverde.
Coa seguinte orde do día:
I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
          
II.- Aprobación de contas ano 2011 e 2012 (ata o dia da asemblea).
III.- Actividades desenvolvidas neste ano 2012 e a desenvolver en 2013 (Propostas) 
IV.- Temas a tratar e cuestión pendentes:
a) Acordar en Asemblea que os comunicados teñen a mesma validez por correo electrónico (para aqueles que teñan unha conta) , que o correo postal.
b) Aprobación de reservar un tanto por cento dos respectivos Orzamentos (ingresos anuais), (15%),  para  gastos de funcionamento-administración da Asociación.
c) Propoñer ao Concello que adique unha  Rúa a: D.Xosé Mª Gómez Vilabella, Don Miguel Garcia Teijeiro, Don Rogelio Reigosa Fereiro, D. Manuel Cordero Pérez,  Dona Enriqueta Otero,  D. José Mª Fórneas Besteiro…e que no salón de plenos do concello se coloque unha foto destes e doutros persoeiros da Vila.
d) Poñer unha cota mínima para as viaxes da asociación, socios 5 €, non socios 10€
e) Seguir a reivindicar o nome de Castro Verde.
VI.- Rolda de intervencións.
          
  
  Asdo.: José Yáñez Basanta                      Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
                             
                  Secretario                                               Presidente
    
 En Lugo – Castroverde, a  22  outubro de 2012
 ___________________________________________________________________
DELEGACIÓN DE VOTO

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA  ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE (  10 -11-2012)

Eu,………………………………………………………………………con D.N.I. …………………
DELEGO OU MEU VOTO EN:
D./ Dona: …………………………………………………………………………….
                Asdo.: ……………………………………………………
En, …………………………a……………de……………………………………de 2012