Hoxe sábado, 1 de decembro, arredor das 11:00 h. tivo lugar unha ofrenda no monolito de Trasliste en homenaxe á firmeza do Sr. Xulián.

Ás 12:00 h. o historiador Francisco Carballo impartiu unha conferencia arredor da Historia das loitas agrarias en Galiza. Comenzou aludindo a Paulo Orosio para relacionalo coas loitas agrarias de comenzos do século XX, para voltar ao século IV, facendo referencia a Prisciliano e comentando que o campesiñado en Galicia estivo presente na sociedade galega ao longo dos tempos, tendo moita importancia desde o século IV, prácticamente, ata 1960. Tendo importancia capital ata as revoltas Irmandiñas e, rómpese a unión campesiña por volta de 1569 co enfrentamento  entre o campesiñado e a burguesía (habitanes dos burgos, das vilas). Este enfrontamento entre campesinos e vilegos tivo consecuencias nefastas ata os nosos días. Comenza a penetración das clases foráneas e a imposición do castelán e sumisión da lingua galega.
Referencia ao Marqués de Esenada, daquelas,  aínda había unha organización do campesiñado. Para pasar ao século XIX onde  o 80% do territorio galego era, estaba aforado. E a partir da desamortización de Mendizábal houbo unha venta do país con consecuencias moi negativas. A burguesía, fidalguía e igrexa son as encargadas de cobrar os trabucos, dezmos… ata chegarmos á cota empresarial.
Ser campesiño nos séculos XVI e XVII era un orgullo, mais a partir do século XIX houbo un sometemento do campesiñado e será a comenzos do século XX, ano 1907 cando xorden os movementos agraristas: Solidaridad Gallega, Unión Campesina, Acción Gallega para loitar contra os foros, caciquismo … salientando a loita de Basilio Álvarez, cura de Beiro, que nos seus mitins era capaz de convencer e mobilizar o campesiñado.
Sendo imposible resumir en poucas liñas a visión que nos deu este home sobre o problema agrario, remataremos aludindo ás derradeiras palabras; con dúas ideas principais: – Temos que transformarnos desde nós mesmos, rebelándonos desde todos os sectores sociais. – Non destruamos nada que poidamos transformar.
Pola tarde houbo unha mesa redonda – pequeno debate arredor, das loitas agrarias desde os anos 1970. Con referencias ás loitas destes últimos 40 anos con referencias;  á cota empresarial, cotas do leite, da carne… para rematar aludindo á situación poboacional da nosa terra.

Saúde, Terra e Lingua. Manolo Muñiz


ALGUNHAS  FOTOGRAFÍAS DOS ACTOS: