O sábado, día 22 de xuño, algúns da xunta directiva de Amigos do Patrimonio de Castroverde participamos na xornada do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”, organizado pola Asociación Terras de Lugo en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio.
De 10:00 a 14:00 h. estivemos na feira de produtos locais e artesanais nos pendellos do campo da feira de Rábade.
Pola tarde, de 16:30 a 18:30 h. interviron axentes implicados no desenvolvemento do sector agroalimentario do territorio e un foro de debate aberto sobre canles curtas de comercialización e produción de variedades autóctonas e locais.
Deixa unha resposta