Adicado ás
Cando isto escribimos, van xa 78 mortos e máis de 150 feridos, pero aínda hai feridos en situación moi crítica. Unhas cifras, moi, moi duras de asumir, e, non digamos, para os seus familiares e amigos.
Agora, é o tempo da dor, das bágoas, que rodan polo teclado desta humilde crónica e por toda España. É o tempo do duelo coas familias para que a desgraza non se quede pegada nos pliegues do cerebro, ou do alma, como queiramos dicilo, e amárguenos a vida máis do necesario e soportable.
Unha vez máis, unha marea de agarimo invadiu, e invade Compostela, Galicia e España. E é, unha vez máis, porque non é a primeira vez que ante unha desgraza como a que agora nos invade, este país, mellor, os españois, sexan de onde sexan, sacan e dan o mellor de si mesmos.
Inconmensurable o agarimo dos veciños do barrio de Angrois, que xa entraron na Historia, e que foron os primeiros en achegarse e deixarse a pel intentando salvar vidas; o dos bombeiros compostelanos que mandaron ao carallo a súa folga indefinida en canto tiveron a malfadada nova; dos sanitarios e urxencias que francos de servizo incorporáronse a traballar fóra de horario; dos hoteleiros, dos taxistas, de tantos e tantos …..
Pero, inconmensurable tamén o agarimo dos nosos paisanos, compostelans e galegos, que en cinco minutos facían cola de ata cincocentas persoas para dar o seu sangue, máis valiosa que o seu peso en ouro e prata, calados e sofrentes, do mesmo xeito que os familiares dos que nos deixaron ou sofren as súas feridas. Hoxe levamos, máis que nunca, con orgullo o ser galego, aínda que o prezo sexa tan alto.
Inconmensurable, o agarimo do resto de españois, que sofren na distancia o zarpazo desta desgraza. Unha marea de agarimo para aliviar tanta dor e tanto sofrimento.
Estes mazazos, xéannos a palabra. Hoxe, dixemos que só é tempo de chorar e facer o dó polos que se foron e de acompañar a quen sofren as feridas do accidente, sen esquecernos do maquinista e a súa familia, cuxa situación persoal e familiar será moi difícil, amarga, desoladora e insufrible. É a hora de chorar. É a hora das vítimas, de chorar por elas. Os expertos, a xustiza e os feitos, xa falarán.. Non é a hora de separar entre vítimas e culpables. Hoxe, todos somos vítimas.
Deixa unha resposta