BREVE RESUMO VISITA Á CIDADE DE LUGO
14-03-2026
Neste día de orballo de mediados de marzo, comezamos xuntándonos no Centro Arqueóloxico de San Roque. Alí devidímonos en dous grupos e, mentras un grupo visitou o Centro Arqueóloxico outro grupo visitamos a Casa dos Mosaicos.
A Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani debe o seu nome ao magnífico mosaico coa cabeza do Deus Océano descuberto na rúa onde se sitúa, rúa de Doutor Castro, en 1842. Esta sala museística está integrada polos restos pertencentes a unha gran domus ou residencia señorial romana, data a finais do século III ou principios do século IV d. C.dunha dimensión de 3000 m2 e ricamente ornamentada.
O Centro Arqueolóxico de San Roque está situado na rúa Emilia Pardo Bazán, ao pé da capela de San Roque e moi perto da Muralla e Camiño Primitivo. Nel puidemos ver in situ os resto dun antigo cemiterio romano utilizado entre os séculos I e V. No centro áchanse, ademais da necrópole, os restos dun forno dedicado á produción da cerámica e unha piscina ritual relacionada con cultos orientais. Graciñas polas explicacións dos guías.
A seguir partindo da Praza Maior, da man do socio e amigo, Felipe Arias Vilas, a quen agradecemos as súas amplas explicacións, fixemos un percorrido polo centro de Lugo visitando os diferentes edificios do arquitecto Eloy Maquieira Fernández, nado en Pontevedra en 1901 e finado o 19 de abril de 1944, foi un arquitecto galego, que desenvolveu a súa obra principalmente en Lugo. Comezamos polos edificios da Praza Anxo Fernández Gómez, Praza Maior, onde se di que ten ou tivo unha piscina encima do edificio, continuamos ata a Santo Domingo onde temos varios edificios, algúns de propietarios oriundos de Castro Verde, concretamente de Paderne, contiuamos pola Praza de Abastos tamén de Maquieira, Quiroga Ballesteros en confluencia con Bolaño Rivadeneira onde nos encontramos con varios edificios, en realidade nas esquinas da confluencia de rúas. Voltamos para pararnos na esquina de Conde de Pallares para observar dous dos edificios. O que foi a casa do Conde de Pallares e onde está hoxe Arenal, que foi o Pazo do Marqués de Ombreiro; continuamos para fixarnos no escudo que hai na casa entre a rúa da Cruz e Conde de Pallares. Continuamos para parar mos e observar o Círculo das Artes e o santuario que existiu na parte traseira. Comentouse o desaparecido edificio Sanatorio Pimentel. Construción do Seminario. Construción de varias edificacióss da Rúa Rodríguez Mourelo, Institudo Lucus Augusti e varias edificacións particulares. Rematando na Pérgola do parque que ten máis dun século e Eloy Maquieira tamén ten intervencións. Rematandas as visitas fomos xantar e pola tarde, algúns visitaron a exposición de Tino Grandio na Sé Afundación.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo
RESUMO VISITA Á CIDADE DE LUGO.docx











































Deixa unha resposta