Hoxe sábado, 7 de setembro, tivo lugar a inauguración do proxecto arriba citado. Imos facer referencia a que esta inauguración tiña que terse realizado hai un ano, mais debido a este cambio que viñemos denominando Roteiro, por razón burocráticas, tivemos que agardar un ano. Comentar que deste xeito,  queda todo o concello de Castroverde cuberto de Roteiros ou Itninerarios excepto dúas parroquias e estas quedarían cubertas co Roteiro das Feiras.  Roteiro que está en proxecto, ou polo menos a Asoc. Terras de Lugo (da cal formamos parte Amigos do Patrimonio) está traballando na colocación de paneis informativos nos lugares que actualmente hai feiras nos concellos de Lugo, Zona Rural e todos os concellos límitrofes, arredor de Lugo ((Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, Rábade e Outeiro de Rei)
Gustaría que algunha persoa ou entidade sinalara aínda elementos de Castroverde e a súa contorna, a saber; Castroverde; A Fortaleza, San Martiño, A Cova da Valiña, Bolaño, Recesende e volta a Castroverde. Isto sería bo para a economía, especialmente a hostelería, daquela que alguén recolla a idea, porque polo que observo quen o debía facer, non lle dá importancia aos roteiros, se non valoramos,  suficientemente, O Camiño Primitivo que podemos agardar do resto das Rotas.
Seguidamente o noso Socio de Honra, O Sr. Vilabella, fixo un repaso pola historia de Montecubeiro, desde a orixe do  seu topónimo, castros, capelas, fontes, montes… e cultura que se xerou nesta parroquia que, se non fose truncada polos elementos incivís, Montecubeiro podería ter transformado a súa economía valéndose dos elementos do seu propio medio, a saber, a madeira, as posibles pizarreiras, ou mesmo a transformación da castaña, isto tan só por citar algún dos elementos máis significativos. Non imos resumir aquí todo o seu contido, que teremos ocasión de ler noutro momento. Agradece a súas palabaras neste acto de inauguración. A continuación descubriuse o panel do Proxecto entre o Sr. Vilabella e a representante do PP en Castroverde, María Gómez Pallín, agradecemos tamén a súa presenza.. Desde Montecubeiro marchamos ata o cruceiro de Cugula, pasando antes pola Capela de Santa Petronila. Logo achegámonos a Pena onde visitamos o hórreo, a fonte de 1931 e a igrexa, para achegarnos ao lugar de Carballedo e visitar, o pazo, forno e lavadoiro, desde aquí, marchamos ata o cruceiro de Córneas. Desde o cruceiro baixamos ao lugar de Vilaxurxo podendo contemplar ao longo do percorrido, os lugares de Vilafrío e O Pacio, rodeados dos vastos maizais, continuando no percorrido puidemos contemplar o rochedo de Pena Branca e os fermosos camiños e muíños que nos levan ata Vilaxurxo. Salilentar o fermoso lugar dos muíños de Pallota e Sal.
En Vilaxurxo agradecer a Manuel Pérez e a Joana a súa amabilidade polas e polo traballo de limpeza que fixo na contorna dos muíños e fermosa aldea.
De Vilaxurxo a Barredo, onde nos agardaban algúns veciños para facer aquí a  inauguración do outro Panel do Proxecto.
Saúde, Terra e Lingua
A sete de Setembro de 2013

VER O ÁLBUM FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PROXECTODERECUPERACIONPATRIMONIAISEOUTROS?authuser=0&feat=directlink