BREVE RESUMO VISITA CULTURAL A COMPOSTELA (09-02-2024)

Nun día pasado por auga, podiamos dicir, na viaxe a Compostela, como estaba previsto visitamos en primeiro lugar O Parlamento Galego, onde nos agardaba o guía Hixinio Estévez, a quen agradecemos desde aquí a súa amabilidade e explicacións, comezando pola historia do edificio, construído que ía ser facultade de veterinaria a comenzos do século XX, mais rematou sendo un cuartel ata mediados da década dos 80, pasando a ser o edificio do Parlamento Galego a partir de 1989. Fixemos un percorrido por diferentes salas; a de recepción, sala das Letras Galegas, bibliotecas, Hemiciclo, etc, aludindo sempre ás máis de trescentas obras de arte que alberga o edificio. Sen deixar de explicar o funcionamento dos diferentes grupos politicos. Comentar que no Parlamento, temos a obra de Paco Pestana, xoguete soñado para un monicreque sen nenos.

A seguir achegámonos ata a Cidade da Cultura, onde o guía Miguel Ángel Cajigal ao non poder facer unha visita polo exterior, explicou con gran detemento sobre a maqueta a construción da Cidade da Cultura, comenzando polo concurso de arquitectos, gañando o concurso Peter Eisenman, que integrou dalgunha forma a estrutura do casco antigo de Compostela no monte Gaiás, dando lugar ao que hoxe é a Cidade da Cultura, aínda que en realidade faltan dous edificios por levantar, que debido á crise de 2008 freou o remate de todo o complexo. Graciñas pola explicacións, Logo, aproveitamos para visitar a exposición de José María Barreiro, O silencio que chove luz na xanela.

Pola tarde, visita á Exposición; Paco Pestana, O curto voo dun paspallás na Fundación Eugenio Granell. Aquí a nosa guía foi a comisaria da exposición Cristina Carballedo, que as súas raíces están en Monte Cubeiro e Mosteiro e ela coñeceu ben a Paco. Falounos amplamente do Edificio, e fundación E. Granell dos diferentes espazos, mais sobre todo centrándose na exposición que foi montada con moito agarimo por parte dela, dos amigos e coñecidos que cederon obra que tiñan adquirido de Paco en diferentes momentos da súa creación. Comentando que o día da inauguración xuntáronse máis de duascentas persoas. Finalmente visitamos as salas de Carlos Maside e Amparo Segarra. Moi agradecidos pola atención e explicacións

Comentar que a exposición está na Fundacion E. Granell desde o 1 de febrero ata o 31 de marzo de 2024, por se alguén pode e quere visitala.

Saúde, Terrra, Lingua e Patrimonio. Manolo M.B.