Mostra de antigos oficios e traballos artesáns
O pasado 27 de Agosto o concello de Castroverde inaugurou as obras de amelloramento dos tradicionais pendellos e o axardinamento do recinto do campo municipal da feira. Con este motivo tivo lugar unha mostra de antigos oficios tradicionais e artesáns, hoxe case todos eles xa extinguidos. Na mostra estaba presente a “Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde” para informar da sua existencia a todo-los veciños e público en xeral ao tempo que acompañar aos mestres artesáns que a ela acudiron, algúns de ben lonxe. Estiveron representados os oficios de zoqueiro, ferreiro, tellador, constructor de instrumentos musicais, aguardenteiro, ata un longo repertorio. A seguir, recollemos un resumo fotográfico dos traballos expostos.
e chegou a hora de xantar …..
Deixa unha resposta