Resume do viaxe a Castroverde de Cerrato (Valladolid)

Lugo-Castroverde, 17 de setembro de 2006

Ola amigos e amigas!:

Comentarvos, como xa sabedes algúns, que este pasado sábado, día 16 de setembro, representates da Asociación, fixemos unha visita de cortesía a Castroverde de Cerato, esta viaxe estaba dentro da programación dos Irmandamentos, que como xa sabedes, fixeramos unha visita a Castroverde de Campos, o pasado febreiro, e en abril a Castro Verde de Portugal, e faltaba por visitar Castroverde de Cerrato. Alí estivemos; reprsentantes da Asociación “Castrum Viride” de Castorverde de Campos, que representaba tamén ao Concello, representantes da “Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde”, represetante do noso Concello, e representantes do Concello de Castroverde de Cerrato, de Valladolid. Dicir que nos estaban esperando o Sr. Alcalde e concelleiros. Alí intercambiamos algunhas impresións e pequenos detalles. Logo ensináronnos o Casa do Concello, a Igrexa, monumento que ten unha importancia siginificativa, tanto arquitectonicamente, como pola imaxinería que conserva. Logo subimos a un páramo, que parece un castro dos nosos, pero que arriba, nunha extensión de máis dunha hectárea conserva restos de murllas, penso que medievais. Desde aquí o pobo e os arredores teñen unha fermosa vista. Na ladeira que mira ao pobo, teñen as “bodegas” excavadas na propia terra ou rocha.


Dicir, que a Comarca de Cerrato, está formada por varios pobos, que levan o nome de Cerrato, Alba de Cerrato, Castroverde de Cerrato etc. Este Concello, ou “Ayuntamiento” viviu e vive fundamentalmente da agricultura, gando lanar, cereais, algo de remolacha, viño, para a súa propia colleita, que fan e gardan nas adegas que antes comentabamos. Dámoslles as grazas por todo, e pola boa acollida que nos fixeron. Nós, como xa sabedes varios, agardámolos a todos eles para primeiros do mes de novembro, disto recibiredes máis información, chegado o seu momento.

Antes de novembro, dicirvos que temos pensado, como estaba programado, e para coñecer outros patrimonios visitar Rivadavia, e a Comarca, o día 30 de setembro, sábado. Teredes información ao longo desta semana ou a principios da que ven. No mes de outubro, o día 21, sábado, estamos pensando en devolverlles a visita aos da Asociación Arcas de Sarria. Comento todo isto para que vaiades programando.

Saúdos.

Manuel Muñiz
Presidente