A Serra da Ferradura
Achegas de
Xosé Mª Gómez Vilabella
Non está nada ben falar mal dos veciños, así que, cando non o merecen, o mellor é calar. Mais, neste caso, tratándose de bretóns, cos que compartímo-la Serra da Ferradura, tamén chamada do Pradairo, (que iso de “Punago” é un invento de certa Empresa, confundindo nome e situación pois o Puñago precede á Vacariza, onde hai outro erro pois “Vacariza” ven de “vacar”, séxase, dun posto de relevo de monturas daqueles romanos, na súa Vía Lucus Augusti-Lucus Asturum-Gigia, e non das vaquiñas teixas dos suevos), eles, os bretóns, polo val de Fonteo e nós, os de Castroverde, destoutro lado, o que compre é falar ben xa que ben se portaron, ¡uns veciños excelentes!, que incluso as nosas eguas se pirraban polos seus cabalos… A eles chamabámoslles, “Os do Val de Fonteo”; e a nós dicíannos, “Os do Val Verde”.
En certa ocasión na que fomos a por augas férreas…; pero non vos podo dicir a onde pois aquela fonte, de presente, xace debaixo do entullo dunha desas pistas da famosa Concentración… O caso é que lle pedín explicacións ó meu padriño e avó, como tiña por costume:
-Avoíño, isto da Ferradura…, polo ferro, non si?
-Si, e non. Máis ben por aquilo de que foi neste sitio onde perdeu a ferradura un meirego…
E contoume o que sigue, máis ou menos con estas verbas, que aínda non se me esqueceron as súas historias:
Deste xeito comeza o artigo de hoxe. Para baixa-lo completo, acó é o enderezo:
http://www.box.net/public/35s43smq69
Deixa unha resposta