A Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación
Provincial de Lugo, é o órgano da Administración Provincial que ten atribuídas as competencias en materia
cultural,turística, de patrimonio histórico-artístico, de normalización lingüística e do ensino.

Para impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos Bens Culturais e para contribuír á
promoción e á difusión do noso rico patrimonio cultural, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura- convoca tres bolsas formativas –unha de “Educador/a de Museos”, outra de
“Arquivo/Biblioteca” e unha terceira de “Investigación Ceramolóxica”- da Rede Museística Provincial de Lugo, que posibiliten –na medida das posibilidades orzamentarias- o cumprimento das funcións estratéxicas para as que foron concibidas.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/7_9130_1.pdf#PAGE=2