Coa participación da Asoc. Franacisco Lanza de Ribadeo e Amigos do Patrimonio de Castroverde
– Ás 9:30 h. No Concello do Cádavo. Lugar de encontro e de partida, na praza do Concello. (Trataremos de saír puntuais)
-Visita ao nacemento do Eo en Fonteo.
(Ver a páxina da Asociación de Amigos da Marronda)
-Ruta (para algúns a pé) de Fonteo a Sampaio de Cubilledo, podendo ver aceña de Cuenzas, Ovapiscis do Eo e continuando a pé uns 3 kms ao longo do Eo e do Carballal. Fermoso paseo!!!
-De alí en bus ata a igrexa de Cubilledo (para visitar unha das igrexas de Baleira). A xente que queira pode baixar a pé desde O Castro ata a igrexa.
-Volta en bus ata Sampaio de Cubilledo e visita a unha fervenza xunto a aceña de Serra.
-En bus e ou a pé desde Sampaio ata Esgrade, Castrelo e Espiña.
-Subida á Marronda para ver algunhas especies autóctonas.
-Logo baixada a Martín (chan moi inclinado, pero que non hai problema para un autobús medio en toda a ruta).
-Dende Martín pódese ir andando ata a Cortevella. É chán e vai ao longo do río.
-Visita á area recreativa xunto meandro do rio Eo. (Sitio para unha boa merenda!)
Volta ao Cádavo pola muíña.
Nota: Se se fai moi longo o percorrido, teremos que adapatalo ao noso horario.
–Ás 14:00 h. Xantar no restaurante Moneda do Cádavo
Para os que queiran e poidan.
-Baixar a Vilabade e participar ás 18:00 h. na Actuación das Bandas de Música de Chantada e Guitiriz na Igrexa de Vilabade.
Para facilitar a organización:
Avisar antes do martes, día 15 de maio de 2007 ( Precisamos saber cantos imos ser, por motivo do(s) autobús(es) e para encargar a comida)
Castroverde -Lugo-, a comezos de maio de 2007
Deixa unha resposta