Breve resumo do XV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS-31-05-25
Asociacións ; A Canteira de Neda- Agrupación Instrutiva de Caamouco- Redes- Arumes de O Corgo- Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio
Comentar que o programa se desenvolveu segundo o previsto. Asistiron 110 persoas. Iniciamos o percorrido no alto da Vacariza pola alternatia do Camiño Primitivo baixamos ata a Capela do Carme, onde demos a benvida aos participantes, explicándolles brevente a Capela. Despois dunha parada para degustar produtos locais na casa de Juanes, agradecer desde aquí que, nos cedera o local. Logo vista ao exterior da igrexa e pazo de Vilabade, continuamos a marcha ata Rodinso para visitar a escola e o muíño de Lamela, agradecer a Suso a súa amablidade e explicacións das construcións. Desde alí dirixímonos ata a vila de Castroverde onde nos abeiramos na sombra dos carballos que bordean a Fortaleza para escoitar as explicacións histórico-técnicas que nos deu o noso socio Enrique Rioboo sobre o seu pasado, presente e futuro.
Despois de xantar nun restaurante da vila, desfrutamos dun concerto do grupo Son de Corda.
Pechou o acto a presentación do libro Brunilda e Brunildo da nosa socia e escritora local Ánxela Gracián.
Gustaríanos que no que publiquedes apareza un agradecemento ás asociacións participantes, as insitucións colaboradoras: Concello de Castroverde (representado pola concelleira Marisa) e en especial á Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo (representada pola concelleira e deputada Iria Castro) e, a tod@s @s soci@s e entidades colaboradoras que se implicaron na organización do evento: Queixería Santo André (de Barredo), Albergue a Pociña de Muñiz e Alimentos Serra .
Saúdos, Saúde, Lingua e Patrimonio
- oplus_0
- default
Deixa unha resposta