ARGIMIRO RICO TRABADA. MESTRE E POLÍTICO GALEGO.

Argimiro Rico Trabada, nado en San Bernabel (Baleira) o 14 de setembro de 1905 e finado en Montecubeiro o 16 de outubro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Exerceu como mestre e fixo por libre os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1924-1927). Foi mestre nas escolas da Fontaneira e San Bernabel. Organizou e foi director da Unión Cultural San Bernabé[1]. Organizou a Festa da Árbore na escola do San Bernabel o 10 de maio do 1934[2]. Visitaba asiduamente Montecubeiro, de onde procedía a súa nai, participando en actividades culturais desenvolvidas pola Unión de Labradores de Montecubeiro, e en mitins, como o do 14 de abril de 1936 para celebrar a festa da República, no que pronunciou un discurso defendendo a cultura como factor de liberación.

En outubro de 1937 un grupo de falanxistas fórono buscar á casa e levárono atado cara ao monte. Nunha taberna do camiño detivéronse a beber deixando a Argimiro atado á fachada; ao saír pegáronlle patadas e insultárono. Seguiron camiñando ata o lugar elixido onde lle cortaron os testículos e a lingua, sacáronlle os ollos e rematárono de varios tiros.

Máis información:

.Arximiro Rico vida e morte dun mestre rupublicano

Narciso de Gabriel Fernández

-Arximiro Rico, luz dos humildes
Xosé Manuel Sarí/le