BREVE RESUMO DA CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA “EÓLICA ASÍ NON” E

DO ROTEIRO REALIZADOS NO DÍA DAS MONTAÑAS

Domingo, 10 de decembro – 2023

Como estaba previsto, comezamos coa concentración ás 12 diante do Edificio Multiusos da Xunta onde nos concentramos ducias de persoas para reclamar outro xeito, outro modelo con respecto a implantación da enerxía eólica. Durante o acto proclamárons evarias consignas, deuse lectura dun manifesto e interpretouse“EÓLICOS NON”, unha cantiga que comezaba“Vivan as nosas montañas”.

Pola tarde, parte dos asistentes á concentración desprazámonos á parroquia de Barredo (Castro verde), onde,despois de xantar, fixemos un percorrido polos montes desta parroquia. Partindo da escola subimos pola costa para achegarnos a Pena Branca, desde onde se poden ver diversos lugares de Castro Verde (A Meda, Vilafrío, O Sabugueiro, Vilaxurxo, Soutomerille), así como do Corgo e de Lugo. Logo achegámonos a outros cumios próximos da Serra de Outeiro Maior –O Pico e a Pena do Campanario-, baixamos ao Cruceiro e, por Vilar dos Naraos, voltamos a Barredo.

A carón destes cumios queren colocar varios muíños de vento e evacuar a enerxía ata a estación de Monciro, ao longo duns seis quilómetros de distancia, precisando a colocación dunhas corenta torretas e cableado, …unha barbaridade que, de chegar a executarse, vai afectar a veciños de Castroverde e Lugo e viandantes do Camiño Primitivo, e ao noso patrimonio cultural e natural.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

RESUMO ROTEIRO DÍA DAS MONTAÑAS _ EÓLICA ASÍ NO-10-12-2023.docx