"No día Internacional do Patrimonio ás entidades adheridas a Rede manifestamos a nosa fonda preocupación polo inmenso perigo que implica a instalación de parques eólicos por todo o territorio.
Temos coñecemento de que en moitas prospeccións, os profesionais encargados deste labor contan con moi poucas horas para emitir os seus informes, ampliando de maneira alarmante, o risco dunha avaliación errónea ou incompleta. A iso hai que engadirlle a cantidade importante de patrimonio sen catalogar que non é tido en conta nas poligonais.
E por si fóra pouco, a entrada de maquinaria pesada e a utilización de explosivos non só afecta o patrimonio natural, ao seu paso, leva por diante valados de pedra seca, patrimonio da humanidade, camiños e vieiros tradicionais, chozos, foxos de lobo, petróglifos, pedrafitas e mámoas.

A destrucción de todo éste patrimonio material implica tamén a perda dun rico e único patrimonio inmaterial sinal inequívoco da identidade do noso país.
Por iso neste 16 de novembro, levantamos a nosa voz para solicitar estudos rigorosos, medidas de protección, unha catalogación actualizada e unha paralización cautelar e definitiva nos casos nos que o noso patrimonio corre un risco real.
Por iso, ainda que temos moito patrimonio do que sentirmos orgullosos e orgullosas, neste día só podemos estar en alerta"