BREVE RESUMO ROTEIRO LEMBRANDO A PACO PESTANA II

14-10-2023

Hoxe fixemos o segundo roteiro na túa lembranza, amigo Paco. Este ano comezamos na Vacariza / Bacariza, camiño de Peredo, onde poidemo ir vendo prados con algunhas vacas e ao fondo a liña onde se divisaba Lugo e a parroquia da Frairía.

Xa en Peredo, diante da casa onde naciches, casa de Lourenzo, lemos o texto que escribiches ou che escribiron, no ano 2001, da obra “A SOMBRA ESPIDA DO POETA” , lida por catro amigas da asociación e un segundo texto que lin eu mesmo, un fermoso resumo que che adicaou, o ano pasado, unha amiga.

Teus irmáns ensináronnos o taller que tiñas na túa casa, onde á parte das tallas que penduran da casa conservabas outras na pendella ou palleira,

De Peredo á Frairía onde nos chamou, unha vez máis, a atención da súa igrexa. Pensamos que diferente a calquera das que temos no concello.

De Peredo ao lugar de Folgueira que, tamén pertence á Frairía, onde puidemos contemplar o Pazo ou Casa Grande, con capela e unha fermosa finca.

Desde Folgueira subimos entre O Castro de Marrondo e A Queirmadiña para baixar ao lugar de Marrondo, que pertence xa á parroquia de Cuvelas, baixamos ao lugar do Souto, onde o rego da Fervenza conserva dous muíños, un en ruínas e outro rehabilitado, O Muíño do Tío Suso, onde fixemos unha das fotos. Desde aquí pasamos polo Cabo Dacolä para achegarnos ao núcleo de Cuvelas onde contemplamos a súa igrexa cunha elegante fachada.

Desde Cuvelas subimos á Veiga do Olomo, pasando polo campo da feira chegamos a Catroverde / Castro Verde.

Pola tarde algúns achegáronse ao concerto que daba Abraham Cuperio na igrexa de Vilabade.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Manolo M. B.

RESUMO ROTEIRO PACO PESTANA 14_10_2023.docx