BREVE RESUMO XIII ENCONTRO ASOCIACIÓNS

Sábado, 27 de maio – O Corgo

Tal como estaba previsto, arredor das dez da mañá. Recepción das Asociacións en Castrillón.

Benvida e explicación do conxunto de Castrillón, por parte de Mario Outeiro e contextualización da Vía Künig que correu a cargo de María José López Caldeiro. Agradecer as expliacións de ámbolos dous. Comentar que o conxunto é acolledor e de grande fermosura.

A seguir comenzamos a camiñata pola Vía Künig, desde Castrillón, Gomeán, ata o Centro Sociocultural, onde a Asociación Arumes do Corgo nos agasallou cuns petiscos moi variados. Graciñas por todo!.

Continuamos camiño de Pedrafita onde visitamos os sartegos alto medievais, e camiño de Arximil, entre Pedrafita e Arximil, ponte Galiñeiros, onde se xuntan os regos que nacen en Castro Verde, os regos de Rodinso, Bolaño e Pena dando lugar ao río dos diferentes lugares, cos regos que nacen en Monciro, para xuntarse en ponte Galiñeiros e formar o río Chamoso que vai directo ao río Miño.

Despois de xantar; intercambio de agasallos e actuación de Avelino González: “Contos para facer a dixestión”.

Para o vindeiro ano verémonos e Neda.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio