A plataforma cidadá Queremos Galego, sairá ás rúas das principais cidades e vilas de Galiza o 17 de maio ás 12h, para reivindicar a vida en galego, aquí e agora.

40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e disponibilidade do galego en todos os espazos da vida pública. Os avances para a lingua conseguidos pola acción do movemento social pola lingua encontráronse coa pasividade, cando non coa oposición, das institucións, nomeadamente daquelas que teñen obriga de promovela e defendela.

A actual situación de emerxencia lingüística é en grande parte consecuencia do desleixo dos poderes públicos, que abandonaron e desprezaron a crecente conciencia social sobre a lingua e a vontade de repoñela e normalizala.

Por iso, queremos animarte a participar nas mobilizacións do día 17 de maio e a asinar o manifesto que a Plataforma Queremos Galego impulsa para ese día.

https://www.queremosgalego.gal/

Lugares das mobilizacións, mércores 17 de maio ás 12h:

•Santiago de Compostela (Alameda)

•A Coruña (Obelísco)

•Lugo (Praza Maior)

•Ourense (Praza do Correxidor)

•Pontevedra (Praza da Peregrina)

•Vigo (Cruce Vía Norte)

•Ferrol (Praza do Inferniño)

•Monforte de Lemos (Praza de España)

•Foz (Casa do Concello)