HOMENAXE A PACO PESTANA

15 de outubro de 2022

Acto de Homenaxe a Paco Pestana, que imos celebrar o vindeiro día 15 de outubro, En realidade, falecu o día 11 de outubro, mais por motivos diversos, imos ter unha lembranza para el, o sábado día 15. Foi un dos fundadores da Asociación e da Xunta Directiva varios anos. Ten participado nos actos previos á constitución da Asociación, nos Irmandamentos dos Castroverdes, nos Encontros de Asociacións e acompañábanos sempre que podía. De feito estaba anotado na viaxe que tiñamos proxectada en outubro do ano 2021 e, xa non puido ser. Ben, moitas máis cousas poderiAmos contar del, mais imos deixar aquí a cuestión. SEMPRE NA LEMBRANZA.

PROGRAMA

-Ás 9:30 h. Saída en autocar desde a praza do concello

-Ás 10:00h. Roteiro desde Peredo a Castroverde.

14:00 h. Xantar.

16:30h.Actuacións musicais na igrexa de Castroverde (Entrada libre ):

-As Cegas de Ouselle.

-Son de Corda (cuarteo vocal).

– Elena Rodríguez (piano)

Coa intervención de: Ánxela Gracián e Suso Trashorras.

Aclaracións

Custo da actividade. (Autobús e xantar 30 €)

Comunicar asistencia, antes do día 10 de outubro.

Percorrido duns 7 quilómetros, aproximadamente.

Comunicar asistencia en:

Enderezo electrónico: amigospatrimoniodecastroverde

cartaz_homenaxe_paco_pestana.pdf