Outro Garañón… na Muralla?
O vindeiro martes 14 a plataforma do Foro do Camiño Primitivo, organiza unha mesa redonda no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo ás 19.30h co nome Outro Garañón… na Muralla?
E é que o concello de Lugo está a promover unhas obras de urbanización, na chegada do Camiño Primitivo á Muralla de Lugo, espazo de vital importancia histórica e patrimonial para a cidade, que consideramos son moi pouco respectuosas e vulneran a protección dos Patrimonios da Humanidade que temos na cidade.
Durante a mesa redonda coñeceremos as irregularidades que motivaron o recurso ante o Tribunal Supremo, os informes críticos coa solución proposta emitidos polo ICOMOS e a Real Academia Galega de Belas Artes, e coñeceremos algunhas alternativas máis respectuosas que poderían desenvolverse no quinteiro.
Contaremos nesta xornada con (por orde de intervención) Raúl Veiga Lamela, secretario da delegación de Lugo do COAG Camino Casabella, licenciada en Belas Artes e docente, voceira do Foro do Camiño Primitivo Xose Anxo Carreira Montes, arquitecto Carmen Figueiras, presidenta da delegación de Lugo do COAG Modera Froilán Pallín Seco, secretario xeral ADEGA
Achegamos o cartaz da xornada
https://www.bit.ly/outrogaranonnamuralla
https://mail.google.com/mail/u/0/?pli=1#inbox/FMfcgzGpGKdxRFZztjWqsLQXxcxVlsvV?projector=1
Mesa Redonda-14-06-22 ás 19.30h. Outro Garañon na Muralla.docx
Deixa unha resposta