Breves resumo dos ENCONTROS NA TERRA.

Convidados pola Asociación Espalladoira e en representación da Asoc. Amigos do patrimonio de Castroverde, deixamos aquí unhas imaxes e dúas palabras en relación aos /ás intervintes nos ENCONTROS NA TERRA. (14-15 de maio-2022). Desenvolvidas en Vilabade.

Imposible, comentar aquí todas as ideas das intervencións que se desenvolveron ao longo destes dous días. Todos os que expuxeron as súas visións nestes encontros cunhas ideas e convencementos profundos arredor da posibilidade de vivir no rural, desde Lutheria Davila, de Mos, Pontevedra. Do cooperativismo falounos amplamente Mª Teresa Balado, arredor da recupeación dos colmos para teitar as pallozas, do que nos falou José María Nuñez, (recitando dous poemas que poderedes escoitar). O socio, Jaime Doménech, de Felgos Turismo Rural- Casa Longarela, falou de “Un Cambio de vida cumplido” e as dificultades coas que se encontraron para poñer en funcionamento a casa de Turismo en Montecubeiro/Monte Cubeiro. David Otero, comentou sobre as aventura dun neo rural nas terras da Fonsagrada, falando das vacas cachenas. Rematou as intervencións deste primeiro día, Moncho Vivero, de Matela, Outeiro de Rei, falando da creación do –Parladoiro museo-, do neolítico ao século XX, transformando as cortes do gando nun museo.

No día seguinte, día 15, o noso veciño e socio Carlos, da Casa de Reixa de Barredo- Queixería Sto. André- falou da adptación e cambio da explotación de produción de leite a transformar este produto en queixo, que é recoñecido mundialmente. Manolo Freire de Vilarín, Montecubeiro/Monte Cubeiro, falou do cambio que realizou na súa explotación de lácteo a produtor de carne, introducindo a raza Angus. Marcos Vázquez, da Casa Vázquez de Trasliste-Láncara, falounos da evolución da agricultura e como converteu o establo da casa no museo MUVICLA e da combinación de plantación de mazairas ou pumares co pastoreo e produción cárnica, mais non só iso, senón que nos deleitou con dúas pezas musicais; unha adaptación do Himno da Alegría e Ponte San Paio.(Poderedes escoitar as pezas). Para rematar, Ricardo Polín, veciño e socio, falounos da situación de Castroverde, BICS, Camiño Primitivo, castros, pazos, enclaves, como o de Soutomerille, …

Parabéns aos ponentes e organización que correu a cargo da Asoc. Espalladoira, representada polo seu presidente, Jesús García Juanes (Suso).

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Manolo M. B.

icon_10_generic_list.png0.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.png00.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.png1.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.png2 ENCONTROS NA TERRA.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_104437.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_112241.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_121743.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_125711~2.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_135002.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_174606.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_185420.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_203556.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_210208.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220514_214639.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220515_122127.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220515_180311.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220515_182527.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220515_185943.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngIMG_20220515_203255.jpgx_8px.png
icon_10_generic_list.pngVID_20220514_180710.mp4x_8px.png
icon_10_generic_list.pngVID_20220514_180732.mp4x_8px.png
icon_10_generic_list.pngVID_20220515_202645.mp4x_8px.png
icon_10_generic_list.pngVID_20220515_215141.mp4x_8px.png
icon_10_generic_list.pngVID_20220515_215200.mp4x_8px.png

Dúas palabras ENCONTROS NA TERRA- 14 e 15 de maio 2022.docx