Este sábado, día 19 de febreiro, ás 17 hrs, Chuches Amil ofrecerá na Casa-Museo Manuel María un concerto de música festeira e bailadeira para brincar e pasalo moi ben para todas aquelas nenas e nenos (maiores de 3 anos), así como as súas familias, que se acheguen.

Chuches Amil é o proxecto musical que protagoniza Fran Amil desde o 2015 e que conta con dous traballos dirixidos para o público familiar, Un conto ao Revés e Monstros, con ou sen consentimento.

É necesario reservar en contacto ou a través do whatsapp 698177621 (billete 2 euros).