En 2021, a Rede Española de Reservas da Biosfera convoca a primeira edición dos “Recoñecementos das Reservas da Biosfera ao compromiso ambiental” cos que promover e recoñecer aquelas organizacións que enmarquen a súa actividade nas Reservas da Biosfera e fomenten a formación e investigación ambiental, axuden á conservación do patrimonio natural e o desenvolvemento socioeconómico das zonas e concellos nos que se sitúan as Reservas da Biosfera.

Os “Recoñecementos Reservas da Biosfera ao compromiso ambiental” establecen dúas modalidades: I Recoñecemento “Reserva da Biosfera” e I Recoñecemento da Marca de Calidade “Reservas da Biosfera Españolas”.

I Recoñecemento ‘Reserva da Biosfera’

Dirixido a premiar a aquelas empresas, asociacións, organizacións non gubernamentais, axentes de desenvolvemento, promotores, aloxamentos turísticos, actividades, centros educativos, entes públicos ou privados e a todos aqueles actores ou organismos que se localicen ou desenvolvan actuacións e ofrezan servizos nos ámbitos declarados Reserva da Biosfera e que cumpran a función de conservación do patrimonio natural, que promovan o desenvolvemento socioeconómico e que apoien a investigación, a formación e a educación ambiental.

O recoñecemento "Reserva da Biosfera" consta de tres categorías:

· I Recoñecemento "Reserva da Biosfera ao compromiso ambiental" na conservación do patrimonio natural e cultural:

Dirixido a aquelas organizacións que contribúan á conservación do patrimonio natural e cultural das Reservas da Biosfera.

· I Recoñecemento ‘Reserva da Biosfera polo compromiso ambiental’ no desenvolvemento económico e social sostible:

Dirixido a aquelas organizacións que contribúan a promover o desenvolvemento socioeconómico das zonas nas que se sitúan as Reservas da Biosfera.

• I Recoñecemento ‘Reserva da Biosfera ao compromiso medioambiental’ no fomento da investigación e educación:

Dirixido a aqueles organismos que se dedican a investigar, compartir información e fomentar a educación ambiental.

PARTICIPANTES

As entidades participantes deberán ter a súa sede ou desenvolver as súas actividades nalgunha das Reservas da Biosfera de España.

As entidades participantes deberán cumprir os obxectivos sinalados en cada categoría.

Non serán subvencionables aquelas entidades que nos dous anos anteriores á data de presentación da solicitude fosen sancionadas por infraccións en materia ambiental.

FORMULARIO

Para optar aos premios é necesario enviar o formulario cumprimentado (pode descargarse en: secretaria.mab.esp, ata o 30 de novembro de 2021, indicando no asunto Recoñecementos Reservas da Biosfera.

Esperamos que esta información sexa do seu interese e animámoslles a participar en representación da nosa Reserva da Biosfera.

Un saúdo,

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Servizo de Medio Ambiente
Deputación de Lugo
Rolda da Muralla 140
27003 – Lugo
Tfno: 982 227 813

Formulario_reconocimientos_biosfera_2021.pdf