Dende o Servizo de Turismo da Deputación de Lugo, e segundo consta no Boletín Oficial da Provincia de data 16 de agosto de 2021 que pode consultar nesta ligazón: http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/76239, comunicámoslle que a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde atópase admitida para participar no Programa Coñece a túa Provincia 2021.

De acordo coa conversa telefónica mantida no día de hoxe, informamos a continuación dos datos básicos da excursión:

Data: Venres, 15 de outubro de 2021

Nº de prazas concedidas: 20.

Centro da Deputación a visitar: Asígnase de forma provisional o Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo. Esta visita terá lugar aproximadamente ás 10:00 horas e será a primeira a realizar no marco do programa da viaxe. Confirmarase esta visita a semana anterior á excursión.

Ruta concedida: RUTA 1 (O Vicedo e Viveiro). A Deputación de Lugo resérvase o dereito de poder cambiar algún dos lugares de visita incluídos nos itinerarios durante a execución do programa. Estes cambios serán en todo caso comunicados por correo electrónico á persoa representante da entidade beneficiaria á que afectase o cambio realizado.

*Recoméndase a todas as persoas participantes levar roupa e calzado cómodo para a xornada de excursión.

Parada de autobús para recoller o grupo en orixe: Praza do Concello de Castroverde e Deputación de Lugo. Confirmarase a hora de recollida a semana anterior á viaxe, tendo en conta que deberán estar no centro ou dependencia da Deputación que visiten en primeiro lugar ás 09:50 horas aproximadamente.

Servizos incluídos: A excursión será de balde para a entidade participante e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión) , entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.

Outras consideracións:

– Adxúntanse a este correo as bases da convocatoria do Programa Coñece a túa Provincia 2021, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de data 30 de xuño de 2021, onde poderá consultar as condicións do citado programa e as obrigas das entidades participantes:

http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/30-06-2021.pdf#page=1.

– Medidas Covid-19: aplicaranse segundo a normativa sanitaria vixente na data da excursión. É obrigatorio que cada participante dispoñe de máscara.

– Unha semana antes da excursión, a persoa responsable do grupo enviará por correo electrónico ao enderezo atuaprovincia a relación de persoas inscritas para participar na excursión, indicando nome e apelidos e DNI.

– No caso de que asistan menores de idade, farase constar esta circunstancia, e terase en conta que deberán ir acompañados dunha persoa adulta. A persoa representante de cada entidade participante será responsable de recabar as oportunas autorizacións dos pais/nais ou representantes legais das persoas menores de idade para a súa participación na excursión.

– No caso de que participen na excursión persoas con algún tipo de necesidade especial (alerxias alimentarias ou doutra natureza), deberase informar ao Servizo de Turismo da Deputación de Lugo como máximo unha semana antes de realizar a excursión.

– En caso de non chegar a cubrir o número de prazas necesario para realizar a excursión, a entidade poderá renunciar enviando a través do rexistro o documento denominado Anexo II das bases da convocatoria (Páxina 9 do documento adxunto). O prazo máximo para presentar a renuncia é de 10 días antes da excursión.

– Penalizacións: no caso de que as entidades beneficiarias cancelen a viaxe o mesmo día da excursión sen causa xustificada de forza maior, ou no caso de que nesa mesma data se produza un número de baixas superior a un terzo do número de participantes confirmado a semana anterior á viaxe (sempre co límite de 11 persoas para poder realizar a excursión) e tamén sen causa xustificada de forza maior, perderán o dereito a participar tanto na presente como na seguinte edición do programa “COÑECE A TÚA PROVINCIA”

Quedamos á súa disposición para aclarar calquera dúbida sobre a participación no programa.

Reciba un cordial saúdo.

COÑECE A TÚA PROVINCIA

DEPUTACIÓN DE LUGO

982 260 234/ 011

atuaprovincia

http://deputacionlugo.gal/es/node/75614