NOTA INFORMATIVA

Dentro do programa de actividades da Rede Museística da Deputación de Lugo, centrada nesta ocasión na celebración do 15 aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá mércores, día 21 de xullo, terá lugar no Museo Provincial do Mar un obradoiro baixo o título A ARTE DE ANOAR. Dirixido a rapaces/zas de 4 a 14 anos, nesta actividade os participantes aprenderán a facer nós e cabos, converténdose así en auténticos mariñeiros.

Tamén, dentro da sección ACORDANZAS, o Museo Provincial de Lugo, integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo, quere lembrar ao pintor José Otero Abeledo, Laxeiro, con motivo dos 25 anos da súa morte, ocorrida o 21 de xullo de 1996.

Catro son as obras que o Museo Provincial de Lugo conserva deste pintor pontevedrés. Trátase de catro debuxos sobre papel executados con distintas técnicas que nos aproximan ao seu singular mundo creativo e que nos permiten apreciar algunhas das súas principais características.

Para máis información, acompañamos pdf sobre a vida de Laxeiro e as imaxes das obras existentes no MPL.

Lugo, 20 de xullo de 2021

NOVO LOGOTIPO Rede

ACORDANZAS LAXEIRO XULIO 2021.pdf