RESUMO VISITA CULTURAL AO MUSEOS DE GRANDAS DE SALIME,

A FONSAGRADA E ENCORO DE GRANDAS

Sábado, 19 de xuño de 2021

Neste sábado de xuño despois de tantos cambios, e finalmente, por mor da choiva tendo que aplicar un plan B e, visitar os museos e encoro arriba indicados.

Saída de Castroverde á hora prevista, parada en Fonsagrada, para proseguir coa visita ao exemplar museo de Grandas ou de Pepe el Ferreiro, onde se recolle toda a tradición da zona, desde a época da lareira nunha casa tradicional do noso rural con hórreo, palleiro…, ata a casa máis moderna con capela, na casa un percorrido por todo o século XX, desde unha tenda tradicional, pasando pola medicina, escola… Simplemente, digno de ver e, aínda que había quen coñecía o museo, gustamos de velo novamente.

Desde aquí, baixar ata o encoro de Grandas, onde puidemos contemplar e observar toda a contorna, con fermosa visita desde o mirador, obra civil levantada na década de 1950, onde varias familias de distintos lugares colonizaron zonas de A Terra Chá, unha vez máis lembrando a emigración e as persoas que tiveron que deixar os seus lugares queridos.

Pola tarde visita ao Museo de A Fonsagrada onde se recolle a historia de Fonsagrada, pasando pola recollida de todos os apeiros de labranza, oficios tradicionais ata a exposicións itinerantes, como poden ser, “Os camiños de Carlos Casares” con fotos de Xurxo Lobato.

Agradecer á atención dos/as guías dos museos, especialmente á Sra. Esperanza, do museo de A Fonsagrada, pola súa amabilidade e didácticas explicacións.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo