Dúas palabras do acto reivindicativo

CALDALOBA: RECUPEREMOS O NOSO PATRIMONIO

Este sábado, día 22 de maio, a partir das 11:30 h., tivo lugar o Acto reivindicativo “CALDALOBA: Recuperarmos o noso patrimonio, recuperarmos a nosa historia”, organizado por distintas entidades culturais, entre as que figuraba a nosa asociación, asistindo unnha representación.

Varias duceas de persoas reivindicaron a recuperación de CALDALOBA, pola importancia histórica que tivo esta fortaleza.

Interviron:

Orlando Vivero, (divulgador cultural) e Antón Meilán (Profesor da Universidade de Uvieu e estudoso de Caldaloba.

Acompañou o acto o grupo musical CAIVANCA.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo