CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro

Día 16 de xaneiro, sábado, de 2021 ás 15:30 h. e ás 16:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de Castro Verde, Travesía de Montecubeiro, nº 38 CP-27120-Castroverde.

Coa seguinte orde do día:

I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11-01-2020).

II.- Aprobación de contasano 2020.

III.-Actividades desenvolvidas en 2020 e a desenvolver en 2021.

IV.- Aprobación do orzamento para o ano 2021.

V.- Altas e baixas de socios 2020.

VI.- Rolda de intervencións.

Aclaración: debio á situación epìdemiolóxica actual, a previsión é que non se poidan xuntar máis de 10 persoas, polo que aqueles que non comuniquen a súa asistencia antes do día 13 de xaneiro de 2021, terán que seguir a reunión a través de videoconferencia. Para o seguimento online, deberán contactar coa asociación para facilitarlles a ligazón de acceso á sala virtual da Asemblea.

Asdo.: Antonio V Figueroa Paz Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro

(Secretario) (Presidente)

Lugo, Castro Verde, a finais de decembro de 2020

CONVOCATORIA ASEMBLEA 2021 E ROTEIRO.docx


RESUMO 2020 PROPOSTAS ACTIVIDADES 2021.pdf