REFERENCIA AOS QUINCE ANOS DA ASOCIACIÓN (2015-2020)

O próximo día 5 de novembro cúmprense 15 anos que se constituíu a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde / Castro Verde, non quero repetir aquí o que se comentou cando celebramos o décimo aniversario, que se pode ver en:

https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2015/10/X-ANIVERSARIO.pdf

https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/2015/10/23/celebracion-x-aniversario-da-asociacion/

Daquela foron outras as circunstancias, tiñamos máis euforia e, non tiñamos enriba de nós a pandemia que este ano nos obriga a celebrar virtualmente o 15 anivesario, sen roteiro, sen xantar e sen a alegría que teriamos sen non foran as circunstancias que todos coñecemos.

Temos que simplemente agradecer a todos/as socios/as que nos acompañaron ao longo de todos estes anos, cadaquén participando da maneira e xeito que puido ou soubo. Algúns asistindo mensualmente ás diferentes actividades, outros axudando na organización das diferentes actividades e de diversas maneiras, agradecemento para os/as que non poden participar pero están presentes como socios e cunha lembranza especial para os que nos deixaron, que non imos nomear, mais temos moi presentes na nosa memoria.

Dicir que Continuamos celebrando roteiros e facendo o mantemento dos que se sinalizaron no noso concello. Seguimos celebrando os Irmandamentos, o Encontro anual de Asociacións, aínda que este ano non o puidemos celebrar. Andamos na recuperación de cruceiros, nesas andamos, na recuperación da Fortaleza, de Soutomerille…, do que realmente non sabemos como está a situación xurídica e as negociacións, mais quixeramos que se recuperaran para a res publica e para a súa conservación e desfrute sostible.

Debemos salientar a publicación de obras importantes de Socios que, aínda que non as publicou a asociación, forman parte importante da investigación da nosa historia, Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa (2017), El Caballero Verde (2018) e A Fortaleza medieval de Castro Verde (2019) de Ricardo Polín e Rebelión nos coutos de Castroverde. Vasalos e fidlagos contra os señoríos. séculos XV-XIX de José Luís Díaz-Castroverde Lodeiro, e así mesmo as continuas achegas sobre distintos temas relacionados con Castro Verde publicadas na rede polo socio de Honra, Xosé Mª Gómez VIlabella.

Oxalá foramos, A Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde segue na súa teima de contribuír a defender e difundir divulgar e defender o Patrimonio cultural, artístico, monumental e natural, do Concello natural das terras de Castro Vede tal como rezan os Estatutos e a páxina ou revista dixital que temos e, niso andamos amigos/as.e para iso precisamos a colaboración e participación dos nosos/as amigos/as socios/as.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Outoniño de 2020

Manolo Muñiz

XV ANIVERSARIO A.A.P.C..docx