NOMEAMENTO DE RICARDO G. POLÍN COMO EMBAIXDOR DA PROMOCIÓN DO CAMIÑO PRIMITIVO.

No día de hoxe, venres, ás 12:00h., neste 30 de outono de 2020, tivo lugar o nomeamento de R. Polín como embaixador do Concello de Castro Verde na promoción do Camiño Primitivo por parte do Concello de Castroverde, AXEL, Xacobeo 2021. Asistimos algúns dos representates, empresarios de hostelería e de asociacións de Castro Verde, menos dos que quixeran, por mor da pandemia.

Amosounos o duro traballo realizado ao longo dos anos, duro traaballo, sobre todo, ao comenzo dos anos 1990, onde houbo que rozar camiños, sinalar con frechas, facer indicadores, etc. concienciar aos veciños… , realizáronse, congresos, simposios, etc. Unha exposición dos feitos ao longo de 30 anos, con imaxes de fotos, recortes de xornais, cartas…

Damos os PARABÉNS a Ricardo polo seu inmenso traballo e esforzo que, grazas a el sabemos máis da historia do Camiño e do noso Concello.

Deixamos aquí unhas imaxes do acto.

Repetimos, Parabéns e unha agarimosa aperta.

Manolo M. B.