PRECISAMOS A VOSA COLABORACIÓN
Nestes momentos tan complexos, solicitamos a súa colaboración para a difusión desta campaña solidaria.
Xuntamos material informativo e rogamos a súa distribución na web e redes sociais da súa entidade.
Para garantir a seguridade das persoas que acuden a doar sangue, ADOS impulsa en Galicia a cita previapara doar sangue.
Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 e serán citadas a un lugar concreto (unidade móbil ou local de doazón) e nunha franxa horaria determinada.
A confirmación da cita para doar sangue chegará mediante mensaxe (SMS) ao seu teléfono móbil, que deberán gardar para poder acreditar o seu desprazamento no caso de ser identificados polas autoridades competentes. Unha vez realizada a doazón de sangue, cada doante recibirá un xustificante da súa doazón, que permite xustificar o seu desprazamento de regreso ao seu domicilio.
Este sistema reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada de doantes para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
Pregamos a todos os cidadáns e, especialmente, ás persoas que son doadores e doadoras de sangue, á máxima colaboración re responsabilidade e que respecten todas as recomendacíóns das autoridades sanitarias, evitando desprazamentos innecesarios ou non permitidos.
Para solventar calquera dúbida, pode contactar co 900 100 828, a web ados.sergas.gal e as redes sociais de ADOS (faceboook, instragram e Twitter).
Grazas pola vosa colaboración,
UF Promoción Doazón de Sangue
Teléfono 881546900
15706 Santiago de Compostela
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias.
Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruista, anónimo, universal e gratuito.
Cada día, os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos.
Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar
https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/405/PODO%20DOAR-PUEDO%20DONAR%203-18.pdf
https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/406/TRIPTICO PASO A PASO 3-18.pdf
Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida
Amosamos historias de persoas que doan sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade doutros
Ana e Ignacio https://www.youtube.com/watch?v=PqykGmEgQ1E
Geni e Chus https://www.youtube.com/watch?v=qFwvcZtaxoA
María e Juan https://www.youtube.com/watch?v=Kw8FCInDx3Y
Cris e Andrés https://www.youtube.com/watch?v=vuJDfpahrKw
Alexia e Inma https://www.youtube.com/watch?v=AMcgtIStOiQ
Ana e Carlos https://www.youtube.com/watch?v=cWxb-BIJeK0
Vicente e Rafa https://www.youtube.com/watch?v=Rdz_QHLwxic
Vídeo sobre o proceso da doazón de sangue
https://www.youtube.com/watch?v=qngVkRVnfyc&t=1s
Máis información
Teléfono: 900 100 828 e 881546900
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue
Canal Youtube https://youtu.be/qngVkRVnfyc
Cartel doazón sangue segura.pdf
CASTROVERDE mércores 27.pdf
CADAVO mércores 27.pdf
Deixa unha resposta