Mañá venres, día 27, ás 20:30 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a inauguración de Redución, de Felipe Romero Beltrán, VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2019, mostra que permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro de 2020. Esta exposición recolle a obra gañadora do VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2019, outorgado nesta edición ao proxecto ‘Redución’. Cómpre lembrar que este certame, organizado polo festival Outono Fotograìfico, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputacioìn de Lugo.

Descrición do proxecto:

A condición legal do (corpo) inmigrante determina se pode ou non transitar regularmente todas as rúas da cidade. Os percorridos diarios do (corpo) inmigrante ven afectados se este non posúe documentos de identificación ou unha residencia xustificada no país. Isto, en termos legais, coñécese como (corpo) indocumentado. O corpo policial realiza periodicamente unha revisión do estado legal dos residentes en zonas onde estatisticamente poden atopar máis irregularidades. Estes lugares son chamados "Zonas quentes". Cada vez que se emite a advertencia de policía na zona, os (corpos) inmigrantes que non posúen documentación evitan ditas rúas dos seus percorridos habituais para non ser descubertos. O (corpo) inmigrante transita as rúas en relación ás zonas que poida atravesar.

Na nova zona establecida, sitúase un corpo policial. Isto implica a modificación da rutina diaria de tránsito do (corpo) inmigrante sen documentación. Se o (corpo) inmigrante é interceptado, redúceselle e é trasladado ao CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros). A redución e o sometemento do (corpo) indocumentado réxese polo Manual de Defensa Policial que establece o Corpo Nacional de Policía. O manual explica detalladamente como reducir a outro corpo, ou dito doutro xeito, como neutralizar ao (corpo) indocumentado a través de técnicas de combate.

Redución indaga os procedementos de arresto e sometemento policial en (corpos) indocumentados en Madrid.

Lugo, 26 de decembro de 2019

Nadal 2019.pdf