REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

NOTA INFORMATIVA

O vindeiro luns, día 9 de decembro, ás 17:30 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación do catálogo O COTIÁN REVISADO, da artista Mª José Santiso. Este acto contará coa presenza de Tareixa A. Ferreiro Tallón, vicepresenta da Deputación; de Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo; de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo e da propia artista.

A entrada a este acto é libre ata completar o aforo.

Lugo, 5 de decembro de 2019

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org