RESUMO ROTEIRO DA AUGA E DA PEDRA

GUITIRIZ 19-10-2019

Neste día chuvioso deste mes de outono que corre, realizamos unha pequena parte do roteiro previsto que, por mor da abundante choiva vímonos obrigados a variar algo o programa.

Agradecer as explicacións da exalcaldesa de Guitiriz, Regina Polín respecto dalgúns dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz, comenzando polo reloxo analemático da praza, para seguir a visita á aula da Natureza e pequeno paseo arredor da lagoa de onde levan a auga para o núcleo de Guitiriz; explicando a importancia das fontes e da auga e visitando unha das fontes importantes e a súa contorna, o balneario de Pardiñas, onde puidemos probar a súa auga e visitar a igrexa.

Desde Pardiñas baixamos facer un anaco do roteiro máis emblemático de Guitiriz, roteiro “dos sete muíños”, chamado así porque conta con 7 muíños situados á beira do río Forxa, salientar a vexetación autóctona da ribeira e carballos de gran riqueza. Saímos da área recreativa onde está situada a piscina natural que leva o mesmo nome, feita aproveitando o curso do río; ao pé dun dos muíños dende onde baixa a auga en cascada. Seguimos río abaixo ata a gosolineira de Guitiriz.onde rematamos o roteiro.

Agardecer tamén que nos acompañaran Sarvelio e Pili da Asociación Castrum Viride de Castroverde de Campos – Zamora- e, algunhas das mulleres da Asociación Fonte da Xonza de Friol.

Pola tarde visita ao Museo Etnográfico da Fortaleza de San Paio de Narla, grazas a Paquita e aos traballadores do museo pola atención prestada.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo