PRESENTACIÓN DE A FORTALEZA MEDIEVAL DE CASTRO VERDE

De RICARDO POLÍN (22-09-2019)

Temos que dicir, hoxe por fin tivo lugar a presentación de A Fortaleza, dicimos isto porque o día da Feira de Artesanía, parece que non foi posible.

A presentación comenzou pola visita á Virxe do Castelo, imaxe que procede da antiga igrexa que estaba ao pé do Castelo e actualmente está depositada na igrexa da vila, logo das abonodosas explicacións arredor desta imaxe, retablo e outras cuestións, achegámonos ao pazo de Vilabade onde foi, realmente, o acto de presentación de A Fortaleza, que enlazou coa obra El Caballero Verde, presentada o ano pasado. Aproveitamos para visitar o pazo as persosas que non o coñecían, agaradecendo a atención de dona Teresa.

A seguir visita á igrexa de Vilabade, xa que ten moito que ver cos donos da Fortaleza, estando enterrados nela, algún dos señores da Torre e que levantaron parte da mesma.

Finalmente visita á praza do rolo e Fortaleza onde se afondou na historia e situación actual da Torre.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Aclaración:
Pódese ver máis información no Facebook:

https://www.facebook.com/amigospatrimoniocastroverde/

De RICARDO POLÍN (22-09-2019)