REFERENCIA DA PARTICIPACIÓN NA XIV FEIRA ARTESÁ

Un ano máis a nosa asociación participou na feira cun posto de exposición de libros e pezas do noso Castro Verde e, os Castro Verdes irmandados.

Asistindo aos principais actos que estaban programados, desde as demostracións dos diferentes oficios, salientando os postos dos de Castro Verde, comenzando pola Historia de Castro Verde, onde Ricardo Polín asinou libros de A Fortaleza Medieval de Castro Verde, parabéns por esta nova achega para profundizar no coñecemento da nosa Historia, Tiendas Balsa, Zuncurrundullo o “silleiro”, de Tórdea, Luís de Xanín e Mario, entres outros.

Despois da inauguración, salientar a actuación de Zuncurrundullo que nos deleitaron con varias pezas musicais, aínda que nesta ocasión tiveron que actuar no pendello por mor da choiva, Seguidamente, Carlos Reija da Queixería de Sto. André de Barredo, deu o pregón da feira lembrando a súa infacia cando ía a feira e como o diñeiro antes quedaba no propio concello e hoxe non sabemos moi ben a onde vai. Lembrando a necesidade de manter os oficios tradcionais e, que non é o mesmo mercar o produto na feira que nas grandes superficies comerciais, parabéns, ánimo para seguir o oficio e conquistar premios e mercado.

Logo, o desfile de moda e actuación da charanga Louband. Exposición de coches e motos clásicas e actuación de títeres, teatro e circo aéreo, maxia. O escultor Eugenio Linares elaborou unha peza dun oso que se encontra por encima dos pendellos da feira.

Xornada animada a pesar da choiva e que volveu a xuntar bastantes persoas de dentro e fóra do concello.

Saúde, Terra, Patrimonio e Lingua.

Castro Verde a 26 de agosto de 2019