Comunicase que tal e como se acordou na reunión realizada en Melide o pasado luns 3 de xuño achegamos a todos os membros a comunicación da confederación Anpas Galegas e da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural a propósito do perigo de recortes dos servizos educativos no medio rural. Nuns arquivos adxuntos mostranse os documentos rexistrados perante a Conselleira de Educación e a Valedora do Pobo.
Quedamos á disposición para calquera cuestión que desexe facernos chegar e/ou denunciar.
Ao tempo, comunicámoslle que, para tratar de reverter a situación, vanse realizar reunións territoriais sobre a situación dos centros educativos afectados tal e como se sintetiza a seguir:
OURENSE
Casa da Cultura de Allariz (Ourense) Rúa do Castelo /nº – Allariz.
Día: 26 de xuño, mércores,
Hora: 18:00 h.
PONTEVEDRA
Edificio Área Panorámica en Tui (Pontevedra) Rúa Colón nº 2 – Tui.
Día: 25 de xuño, martes
Hora: 18:00 h
SANTIAGO
Facultade de Ciencias da Educación (antigo Maxisterio), na aula María Barbeito. Campus Norte. Avda. de Xoán XXIII. Santiago de Compostela
Día: 1 de Xullo, luns
Hora: 18:00 h
LUGO
Facultade de Formación do Profesorado (antigo Maxisterio). Avda de Ramón Ferreiro s/nº.Lugo.
Día: Día 2 de xullo, martes
Hora: 18:00 h
Un saúdo cordial,
Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
regaeder
RESGARDO PRESENTACIÓN ESCRITO Á CONSELLEIRA 17-06-2019 1.pdf
RESGARDO PRESENTACIÓN ESCRITO Á CONSELLEIRA 17-06-2019 1.pdf
Deixa unha resposta