XIII PREMIOS LUÍS TILVE do ano 2019
Estimados/as amigos/as:

Comprácenos achegarvos as Bases da Convocatoria dos XIII PREMIOS LUÍS TILVE do ano 2019.

O PRAZO para a presentación de candidaturas remata o 1 de outubro de 2019.

Os criterios para ser premiados serán os seguintes:

CRITERIO 1: “TRABALLO DIGNO”

CRITERIO 2: “ ACCIÓN SOLIDARIA”

CRITERIO 3: “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS”

CRITERIO 4: “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”

Irán destinados a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacada e premiada o seu labor, como exemplo e factor de estímulo positivo diante da comunidade galega, en relación os valores que se pretende impulsar.

Presentar a candidatura é moi sinxelo: presenta a túa organización, describe a actividade ou traballo, proxectos e resultados dos mesmos, para que os valore o xurado. Envíar por correo ordinario ou correo electrónico:

“XIII Premios Luís Tilve”.

Avda. Cruceiro da Coruña, nº 22, baixo.

15705 – Santiago de Compostela.

e-mail: fluistilve

Esperando que sexa do voso interese, animámosvos a presentar candidaturas e colaboredes na súa difusión, recibide un cordial saúdo.

XIII_Premios_FLT.pdf