Nesta semana, a Rede Museística da Deputación de Lugo celebra a Semana dos Museos, semana na que se festexa o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio). A primeira das xornadas está dedicada ao historiador e etnógrafo Antón Fraguas, un deses buscadores de recordos e custodios da memoria do pobo, que fixo da nosa cultura un ben maior. O seu legado ben pode servir como exemplo para o Día Internacional dos Museos 2019, que promove a memoria colectiva e o patrimonio inmaterial como recurso necesario para un futuro socialmente sostible, pois nesta edición o lema escollido é o de Tecendo emocións en torno ao patrimonio e a tradición. Con estes motivos, a Rede Museística organiza, unha serie de actos que se detallan a continuación para o caso do Museo Provincial de Lugo:

Museo Provincial de Lugo

Do 13 ao 25 de xullo, o obradoiro Vieiros de memoría, consistente andar eses vieiros da memoria coa nosa comunidade, porque somos depositarios da memoria de todxs, así pois, gustaríanos trazar sobre un mapa os camiños das vosas lembranzas, do pasado das vosas familias, camiños andados, lugares, palabras, expresións, costumes…, para crear ese caderno de viaxe conxunto no que todxs teñamos cabida.

Con motivo do Día Internacional dos Museos vai ter lugar o obradoiro ArtisticaMENTE, que ten por obxectivo tecer emocións en torno ao patrimonio e a tradición. Vaise desenvolver o sábado, 18 de maio, ás 18.00h e parte da premisa de que, segundo o Instituto Nacional de Estatística, tres millóns de españois padecen depresión, e outros tantos trastornos de ansiedade; ademais, estímase que unha de cada cinco persoas padecerá algunha enfermidade mental ao longo da súa vida.

Por que entón, enfermidades que son tan comúns teñen tan pouca visibilidade e están tan estigmatizadas?

Dende a Rede Museística Provincial de Lugo, partindo da premisa "Un museo entre todxs para todxs" que nos define e celebrando o Día Internacional dos Museos, presentamos o proxecto "ArtísticaMENTE", unha actividade na que arte e tradición desempeñarán un papel fundamental espertando sensibilidades e canalizando emocións.

Desenvolvemento da actividade: Consistirá nunha visita guiada pola colección pictórica e escultórica da sección de arte galega do Museo. Unha vez rematada esta, realizarase un taller no que cada participante elixirá a obra ou o/a artista que máis lle impactou, e reflexionará sobre os sentimentos que lle espertou.

A idea é que cadaquén plasme a través das distintas canles de expresión artística (pintura, debuxo, escritura…) as sensacións que experimentou ao contemplar as diferentes obras, o significado que a historia e a arte teñen na súa vida e que, ao igual que fixeron e fan os artistas, poida empregar a arte como medio de canalización de emocións e sentimentos

Destinatarios: Esta iniciativa está aberta a todo o mundo e ten como finalidade crear lazos e convivencias, de desestigmatizar o mundo das enfermidades mentais e aprender a xestionar emocións empregando como canle a tradición e o patrimonio artístico.

Completan o programa do Museo Provincial de Lugo para esta Semana dos Museos as visitas guiadas Musalinguas, Escénicas en Rede (con actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo) e diversas exposicións.

REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org

Nota: Acompañamos pdf co programa detallado.

Lugo, 14 de maio de 2019

MPLugo SM2019.docx.pdf