COMUNICADO DO SERVIZO DE TURISMO DA DEPUTACIÓN DE LUGO RELATIVO Á CONVOCATORIA DUN CURSO PARA A FORMACIÓN DE GUÍAS OBSERVER DE TURISMO CIENTÍFICO PARA AS MONTAÑAS DE ANCARES E COUREL

Os vindeiros días 29 e 30 de abril e 6 e 7 de maio celebrarase o CURSO PARA A FORMACIÓN DE GUÍAS OBSERVER DE TURISMO CIENTÍFICO para o territorio Montañas de Ancares e Courel, que vén de ser certificado como destino de Turismo Científico dentro da modalidade de Reserva Científica.

O curso, CUNHA DURACIÓN TOTAL DE 30 HORAS REPARTIDAS EN CATRO XORNADAS, impartirase en Lugo, na aula Norvet da Facultade de Veterinaria (Rúa O Carballo s/n) os días 29 e 30 de abril e na aula CeMIT da Casa da Cultura do Concello de Quiroga (Rúa Real s/n) os días 6 e 7 de maio. O horario de impartición será de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Este curso está DIRIXIDO A AQUELES PROFESIONAIS E EMPRESAS DO SECTOR SITUADAS NA CONTORNA SOCIO-ECONÓMICA DE ANCARES E COUREL, ASÍ COMO A AQUELAS OUTRAS PERSOAS QUE PRETENDAN EXERCER AS SÚAS COMPETENCIAS NESE MESMO TERRITORIO E NECESITEN FORMARSE E ESPECIALIZARSE EN TURISMO CIENTÍFICO para iniciar, guiar, dar a coñecer os valores da zona, concienciar para a súa conservación e dinamizar grupos neste espazo protexido en concreto.

PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO SERÁ NECESARIO ASISTIR A UN MÍNIMO DE
25 HORAS FORMATIVAS E SUPERAR UNHA PROBA AO FINAL DO CURSO.

A INSCRICIÓN nesta acción formativa é de balde e está aberta dende este momento, podendo realizarse enviando un correo electrónico ao enderezo guias indicando NOME E APELIDOS, DNI, E MOTIVOS POLOS QUE DESEXA REALIZAR ESTE CURSO. AS PRAZAS SON LIMITADAS, POLO QUE ROGAMOS QUE EN CASO DE INSCRIBIRSE E NON PODER ASISTIR AO MÍNIMO DE HORAS REQUERIDO O COMUNIQUE A TRAVÉS DO MESMO MEDIO.

En documento adxunto achégase información sobre os contidos que se van desenvolver neste curso. Non obstante, se desexa obter máis información, pode chamar aos números 881 97 96 30 e 677347259.

O proxecto de Turismo Científico das Montañas de Ancares e Courel, impulsado pola Deputación de Lugo, abarca os Concellos de A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Agardando que esta información resulte do seu interese, trasladámoslle un cordial saúdo.

SERVIZO DE TURISMO

DEPUTACIÓN DE LUGO