RESUMO VISITA CULTURAL A COMPOSTELA E PADRÓN

SÁBADO, 13 DE ABRIL DE 2019

No día de onte, realizamos unha visita cultural ao Gaiás, Cidade da Cultura, Casa Museo de Rosalía e Museo do Pobo Galego.

Xornada intensa, na Cidade da Cultura o guía explicou a concepción da Cidade, comenzando polo seu arquitecto, Peter Eisenman, e a concepción dos diferentes edificios, unha transposición da secular cidade de Santiago ao monte Gaias, con todos os respectos e recoñecendo o valor do arquitecto e a obra en conxunto, na miña opinión, como dixen varias veces, un verdadeiro despropósito, é posible que algún día chegue a ter os visitantes de Compostela, non o sabemos… oxalá!. Agradecer a amabillidade do guía. Seguidamente visitamos a exposición PENSAR COAS MANS (cestería, cerámica e xoiería de Galicia), os visitantes gustamos de todo, especialmente da visita Pensa coas Mans, onde varios se atreveron a experimentar co barro e outros oficios, mágoa a falta de tempo.

Despois de xantar, visita á Casa Museo de Rosalía de Castro, alí agardábanos Manuel Lorenzo Baleirón, a quen agradecemos desde aquí a súa xentileza, quen nos ensinou a casa e explicou a vida e obra de Rosalía. Verdadeiro centro Cultural da Nosa Terra. Non imos falar aquí de todo o comentado sobre Rosalía, a súa vida e obra, segue a sorprendernos hoxe en día.

Para rematar a xornada, visita ao Museo do Pobo, onde nos agardaba, Clodio González, graciñas pola súas explicacións e atencións. Comezou a visita coa referencia a D. Antón Fraguas, un dos fundadores e presidente do museo, a quen se lle adica estea ano O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a seguir visita ás escaleiras helicoidaias que non hai persoa que non se sorprenda desta obra de arte. A continuación visita a todas as salas, onde se recolle a vida do pobo galego en todos os seus labores, desde a vida, a morte, as festas, os traballos, a vivenda… para rematar na sala da vida do mar.

Aproveitamos para ver a exposción “O eco das amazonas” un retablo das mulleres ao longo da historia, onde aparecen mulleres como, a veciña, Enriqueta Otero, Concepción Arenal…

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo