MARCHA POLO CAMIÑO DE VOLTA- CAMIÑO PRIMITIVO

DE CARABALLIDO AO ALBERGUE A POCIÑA DE MUÑIZ VILAR DE CAS

SÁBADO, 23 DE MARZO  DE 2019

A un cuarto de século da loita pola súa resurrección é hora de voltar sobre as pisadas para constatar a situación crítica do Camiño patrimonio mundial ás portas de Lugo e a súa evolución. Tal é o valor simbólico da marcha en sentido contrario.

Realizarase esta chamada de atención á opinión pública seguindo as pegadas da novela histórica El Caballero Verde (1844) cuxo itinerario argumental transcorre a través do Camiño Primitivo e no percurso da marcha evocarase a Torre de Bascuas, fortaleza coprotagonista desta “ópera prima” de Benito Vicetto, así como a memoria desta parroquia lucense a través deste texto referencial.

Os altos na camiñada permitirán a reflexión e mostrar a preocupación “in situ” sobre o grave proceso de invasión e privatización da vía medieval no monte das Regas (Carballido) e a súa deriva oficial á estrada de Fonsagrada, a adulteración do itinerario tradicional na parroquia de Bascuas ou a súa ocupación e falsificación no Hospital de Gondar, así como a inoperancia administrativa para solventar estes males endémicos que afectan ao emblemático Camiño de Lugo e primeira vía de peregrinación a Compostela.

OBSEVACIÓNS:

Deixar os coches en Vilar de Cas, ao pé da igrexa. o autobús ata Castelo e Carballido e comezamos a camiñar desde a igrexa de Carballido ata Vilar.

Contamos coas explicacións do experto no Camiño (Ricardo G. Polín)

De Carballido a Vilar 8,5 km., aproximadamente.

Comunicar asistencia antes do día 19 de marzo por motivo de organizació (autobus e xantar)

         Lugo – Castroverde, a 10  de marzo de 2019

Roteiro marzo.pdf