CELEBRA CONNOSCO O ANIVERSARIO DE ROSALÍA

O vindeiro 24 de febreiro, domingo, é o Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento. A Casa-Museo Manuel María, como en moitos lugares do país, tamén queremos festexar esta data e convidámoste a celebralo connosco. Será ás 12.30 e non durará máis de unha hora.

A actividade consistirá nunha pequena homenaxe popular, frente a Casa-Museo, en que se intercalará a música co recitado e a lectura de poemas de Rosalía.

A maneira coa que podes participar pode ser:

Alborada para Rosalía. Os grupos tradicionais ou as gaiteiras e gaiteiros que se queiran anotar (contacto), tocarán, cada un dos grupos ou gaiteiras/os, unha peza en honra de Rosalía (poderá ser a Alborada ou outra que queiran). Esta actividade está promovida pola Asociación de Gaiteiras/os Galegas/os e a Fundación Rosalía.

Rosalía na túa voz. As persoas que queiran poderán recitar ou ler un poema de Rosalía. Para isto cómpre enviar, para non repetir poemas, un correo electrónico (contacto) co nome da persoa, o poema que vai ler ou recitar e un número de teléfono de contacto.

-Asistindo e gozando da actividade.

Saúdos. Casa-Museo Manuel María