O vindeiro martes día 11 de decembro, o IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas no Edificio Cactus do Campus de Lugo (Ubicación), para achegar á poboación os aspectos máis salientables sobre a conservación e a xestión das áreas protexidas. Este acto permitirá aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural e cultural, así como o papel que os espazos naturais xogan na promoción do desenvolvemento sostible do territorio.

Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións, contando coa presentación do proxecto LIFE FLUVIAL que se desenvolve en Espazos Protexidos Rede Natura 2000, así como diversas medidas e experiencias en espazos naturais de diversa índole.

O acto contará coas seguintes ponencias:

11 de decembro de 2018

Seminario técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas

Lugar: Edificio Cactus – Campus de Lugo (Ubicación)

17:00 h: Presentación

17:15 h: Javier Ferreiro da Costa

Presentación do proxecto LIFE FLUVIAL

17:30 h: Andrea Macho Benito

Actuacións na Reserva de Biosfera Terras do Miño

18:15 h: Miguel Fernández Pardo

Implantación das marcas de calidade en Reservas da Biosfera.

18:45 h: Francisco Javier Sanz Larruga

Dereito e políticas ambientais: xestión de áreas protexidas

19:00 h: Debate

A entrada ao acto será de libre e de balde, ata completar aforo da sala (40 persoas). Achégase o cartel do acto, para que toda esta información poida ser incluida na súas redes de difusión.

Máis información en http://www.ibader.gal/ampliar/85/830/2018-12-11-Seminario-Tecnico-sobre-Xestion-de-Areas-Protexidas.html