Este sábado, 24 de novembro, asistimos aos 50 anos da Nova Canción Galega, un dos seus máximos representantes, Miro Casabella, estivo na Casa-Museo Manuel María.

Miro Casabella mantivo unha conversa con Saleta Goi, compañeira de Manuel María, lembraron feitos e actividades acontecidas naqueles inicios, entre outras, un concerto que se celebrou o 1 de decembro de 1968 no Cinema Capitol de Compostela e que Manuel María oficiou de presentador (aquel concerto foi a presentación "solemne" da Nova Canción Galega e nel cantaron Xerardo Moscoso, Xavier, Benedicto, Guillermo, Vicente Álvarez e Miro) ou sobre os primeiros traballos de Miro Casabella (Miro canta as súas canciós e Miro canta cantigas de escarnho e de maldizer) que saíron en Edigsa -discográfica catalá, editora da Nova Cançó- co subselo de Xistral de Manuel María.

A seguir deleitounos coas súas cancións: " O meu Páis", intepretación de cantigas medievais, poemas de Manuel María, Celso Emilio, etc.
Parabéns e moitas grazas Miro e Saleta.
Unha aperta.
Manolo