Xa están aquí os Roteiros de Primavera.

1. Atención: Na ponte das Letras Galegas (18, 19 e 20 de maio) faremos a segunda parte das Aldeias Históricas de Portugal, ese percorrido que fixemos hai tres anos. Vede itinerario e condicións no folleto adxunto. Aquí si que fai falta anotarse; facédeo neste mesmo correo.

2. E remataremos os Roteiros deste ano por terras de Cesuras, cun outro percurso guiado, de contido natural e etnográfico. Será o día 3 de xuño. É tamén unha actividade libre e gratuíta.