Convócase aos veciños e veciñas de Castroverde a participar nun obradoiro participativo para identificar os recursos máis destacados do Concello e determinar, de forma colectiva, os seus significados. Este obradoiro está enmarcado no Proxecto da Planificación Interpretativa do Concello de Castroverde que está a desenvolver a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde. Este proxecto ten como principal obxectivo analizar a necesidade de programas,servicios, medios e persoal para transmitir o significado de Castroverde á poboación local, aos visitantes e aos turistas.

Isabel e Toñi

Proxecto da Planificación Interpretativa do Concello de Castroverde.