REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 difusion /www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

A Rede Museística da Deputación de Lugo, a través de Encarna Lago, xerente da devandita Rede, acude a JustMAD9, en Madrid (Núñez de Balboa, 32), co programa EU… TI…ELA… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE co obxecto de dar visibilidade ao potencial da creatividade feminina. Dende o o 20 ao 25 de febreiro de 2018, a Rede Museística organizou un ambicioso programa de actividades que se detalla a continuación:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES JustMAD9

Rede Museística Provincial – Deputación de Lugo

Martes, 20 de febreiro

11:00h. Inauguración para profesionais

15:00h. Apertura público en xeral

Mércores, 21 de febreiro

18:00h.Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:

Pegadas dun compromiso, 2018, de María Xosé Domínguez

Frío: somos inuits?, de Rubén Pérez Pombo

18:30h.

Performance: Frío: somos inuits?, por Rubén Pérez Pombo

Xoves, 22 de febreiro

17:00h. Presentación do proxecto ‘Nos+otras en Red’. Reunión cos colectivos participantes e representantes do Museo Nacional Tyssen-Bornemisza.

18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:

trans (cender) (mitir) (formar), de Mery Pais

Fraxilidade Suspendida, de Tamara Wassaf

As santas migrantas, de Luz Darriba

Venres, 23 de febreiro

18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:

The Living Water. Washerwomen in the river, de Ana DMatos

Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo, de Mónica Alonso

conexións [en serie], de Carmen Porteiro

Sábado, 24 de febreiro

11:00h.Presentación Mujeres Mirando Mujeres. Arte a un click

12:00h. Día de Rosalía de Castro

A Rede Museística da Deputación de Lugo, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), celebran o aniversario do nacemento da ilustre escritora cunha lectura pública da súa obra, obsequiando a quen visite o stand da Rede Museística nesta xornada con láminas conmemorativas.

18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:

Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano, de Basilisa Fiestras.

Arte en reserva (mulleres no almacén). Obra de mulleres artistas no almacén do MPLugo.

Domingo, 25 de febreiro

12:00h.-Proxección da peza de videoarte Sete pétalos de rosa, de David Catá, que forma parte do seu proxecto fotográfico ‘Horizontes’.

18:00h.- Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:

Isabel Leningrado, 1940, de Carmen Chacón

19:00h.-Clausura

Lugo, 19 de febreiro de 2018