O vindeiro mércores 7 de febreiro, ás 20:00 horas na cafetaría da Facultade de Formación do Profesorado, vaise desenvolver o primeiro Encontro de Lúa Chea de 2018.

Desta volta o debate centrarase no tema: “A educación no rural hoxe: retos e posibilidades”. Situarán o tema: Camino Pereiro González (CPI Virxe da Cela) e Francisco Xosé Candia Duran (USC).

Máis información no sitio web de Proxéctate en Galego.